22/04/2015

Yolanda Castaño inaugura en 4 Caminos Centro Comercial o espazo 4Cultura

O Día do Libro foi a data elixida por 4 Caminos Centro Comercial para presentar un espazo denominado 4Cultura que se sitúa na planta alta do recinto.

 

  • O vindeiro xoves día 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro o centro presenta un espazo denominado 4Cultura na planta alta.
  • A poetisa coruñesa lerá algunha das súas obras no acto de presentación do espazo que irá acollendo diferentes actividades relacionadas con esta materia ao longo do ano xa sexan literarias, musicais, ou doutras manifestacións culturais.
  • Ademais 4Cultura albergará unha pequena biblioteca a disposición dos usuarios do recinto con exemplares de diferentes obras literarias para que poidan gozar da lectura.

O Día do Libro foi a data elixida por 4 Caminos Centro Comercial para presentar un espazo denominado 4Cultura que se sitúa na planta alta do recinto. A invitada para dar a coñecer esta iniciativa é a autora coruñesa Yolanda Castaño. O acto está previsto para o xoves 23 de abril ás 18:30 horas. Preténdese que 4Cultura medre da man dos propios usuarios acollendo unha programación de actos culturais que se vaian propoñendo ao centro. 4 Caminos Centro Comercial tamén convida os seus visitantes a que dean unha segunda vida aos libros que xa lesen e desexen compartir con outros lectores. Así, na caseta de información recolleranse as doazóns de obras literarias que se desexen realizar para polas posteriormente á disposición dos usuarios do espazo en forma de biblioteca. "Non tires, comparte cultura", é unha das ideas que desde este espazo deséxase transmitir e que se busca que se constrúa en todos. Lectura de versos de Yolanda Castaño e agasallo de marcapáginas A poetisa, filóloga, videocreadora e dinamizadora cultural coruñesa, Yolanda Castaño, lerá algúns dos seus versos durante o acto da tarde do xoves no que tamén se regalarán marcapáxinas aos asistentes. Igualmente estarán á venda obras desta autora galega da man de Libraría Azeta, colaboradora deste espazo cultural. Castaño foi Premio Nacional da Crítica en 1999, Premio Espiral Maior en 2007, Premio Ojo Crítico en 2009, ademais de Premio Fundación Novacaixagalicia e Premio Irmandade do Libro Autora do Ano 2014. Yolanda conta con seis poemarios individuais, edicións bilingües (galego-castelán) en Visor Libros e cinco libros de poesía infantil, ademais doutras obras publicadas como editora ou tradutora. Tamén traballou en televisión e desenvolve experiencias que fusionan a escrita coa plástica, música, performance, danza, audiovisual ou mesmo coa cociña, xa sexa soa ou en colaboración con outros artistas. O seu último título é 'A Segunda Lingua'.