
11/05/2023
En Cuatro Caminos celebramos o Día das Letras Galegas
Un contacontos para toda a familia.
Un contacontos en galego para toda a familia no que a música e compositora Lydia Botana realizará unha actividade para familias con nenos de entre 3 e 6 anos.
Unha tarde de diversión e aprendizaxe en familia na que o conto de "O encantado pozo" sorprenderá aos pequenos e maiores, que estamos seguros que non quererán que remate!
Unha actividade gratuíta que se celebrará o martes día 16 a partir das 19:00 horas previa inscrición no Punto de Información ou no teléfono 981.240.411.