01/03/2024

CASTING PARA “ATRÁPAME SE PODES” DA TELEVISIÓN DE GALICIA

O programa "Atrápame se podes" da TVG acercarase ao noso centro comercial o vindeiro mércores 6 de marzo en busca de novos concursantes.

O programa da televisión de Galicia “Atrápame se podes”, presentado por Paco Lodeiro, visitará o noso centro comercial o vindeiro mécores 6 de marzo, en busca de  novos concursantes.   

O casting situarase na praza do Gadis, en horario de mañán de 11:00 a 14:00; e en horario de tarde, de 16:00 a 19:00.  

A condición para participar é que sexas maior de idade.